Río, pazo do

Río, pazo do

Construción situada en Liáns (Oleiros). Ten planta en forma de L con dúas alturas, e un patín polo que se accede desde o patio á planta superior. Destaca o balcón de ferro fundido erixido sobre ménsulas de granito. Conserva a capela, que se comunica co edificio principal por un pasadizo con balaustrada, e o portalón de pedra. No xardín atopáronse restos arqueolóxicos.

Palabras veciñas

Río, Manuel del | Río, O | Río, O | Río, pazo do | Río, Tomás del | Rioaveso | Rioaveso