Río, Tomás del

Río, Tomás del

Arquitecto. Iniciou a construción da capela da Comuñón da catedral de Santiago de Compostela deseñada por Miguel Ferro Caaveiro con quen fixo a capela das Dores en San Miguel dos Agros. Proxectou a reconstrución da igrexa de Santa María do Camiño (1774), seguindo un deseño de M. Ferro Caaveiro, traballou na igrexa de Santa María de Villestro e na de San Xulián de Bastavales (Brión). Tamén traballou na ponte Ulla e na pavimentación da praza da Quintana.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Santiago de Compostela