Río Negro
Río Negro
Provincia de Arxentina, situada na zona setentrional de Patagonia (203.013 km2; 549.204 h [2001]). A súa capital é Viedma (56.583 h [1999]). Limita ao N coa provincia de La Pampa, ao L coa de Bos Aires, ao S coa de Chubut, ao O con Chile e ao NO coa provincia de Neuquén. Os seus principais ríos son o Negro e o Colorado, e a súa costa é alta e rochosa. A súa escasa poboación dedícase principalmente á gandaría e ao cultivo de vides, oliveiras e árbores froiteiras.