Río Parada, Bernardo del

Río Parada, Bernardo del

Músico e compositor. Discípulo dos mestres Francisco Martínez, Forján e Rebollo, foi subdirector da banda do rexemento de infantaría de Zaragoza e en 1917 fundou o coro Queixumes dos Pinos, que debutou en 1921 co nome de Cantigas e Agarimos, onde desenvolveu o seu interese pola recompilación da música popular. Iniciou a escenificación dos cantos galegos e dirixiu o orfeón Unión Artística Compostelana. Reorganizou a Banda Municipal de Santiago de Compostela e as da Estrada e Vilagarcía de Arousa. Foi autor da zarzuela A lenda de Montelongo; de obras para coro como Oración de media noite, Ai, meu ben!, Marica foi ao muíño e Cantiga de Palas de Rei; de versións de obras clásicas e populares como Unha noite na eira do trigo ou Negra Sombra; de pasodobres como Compostela, Lembranza ou Gratitud; e de xotas e muiñeiras como Arde o eixo, Marica!, Na fiada e Queicoas.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vilagarcía de Arousa

  • Deceso

    Lugar : Santiago de Compostela