Rioja, La

Rioja, La

Provincia do NO de Arxentina, situada na rexión Andina (89.680 km2; 287.924 h [2001]). A súa capital é La Rioja (138.074 h [1999]). Limita ao N coa provincia de Catamarca, ao L con esta e coa de Córdoba, ao S coa de San Luis e ao O coa de San Juan e con Chile. A súa poboación é indíxena e mestiza, en forte regresión. Ten unha economía de subsistencia. A súa principal riqueza é de ouro, cobre, chumbo e prata.

Palabras veciñas

Riogordo | rioja* | Rioja, Francisco de | Rioja, La | Rioja, La | riola | Riola