Ríos Paredes, Xulio
Analista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, é director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) e da revista editada por este organismo Tempo Exterior. Ademais é secretario da Fundación Plácido Castro e do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. Escribiu O conflito dos Balcáns: a ex-Iugoslavia (1994), en colaboración; A conversión de Polonia (1991), Que foi daquel soño? (1992), Galicia e a Sociedade das Nacións (1992), Rusia; das orixes á crise dun modelo (1996), en colaboración; Plácido Ramón Castro del Río (1997), Hong Kong, camiño de volta (1997), China, a próxima superpotencia (1997), China: Superpotencia del siglo XXI? (1997), Cuba: independencia e revolución (1998), China por dentro (1998), Sempre no mundo (2001), Unha escolma xornalística. Plácido R. Castro del Río (2002), Lois Tobío (2004) e La política exterior china (2005). Autor de manuais universitarios de estudos orientais, é correspondente da Real Academia Galega, asesor de Casa Asia e colaborador de medios de comunicación e revistas especializadas. Coordinou a redacción do Libro Branco da Acción Exterior de Galicia (2004).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Moaña