Ritsos, Iannis
Ritsos, Iannis
Poeta e artista grego. Membro do Partido Comunista, sufriu longos períodos de prisión. A súa obra, moi extensa, pois comprende máis de 60 títulos publicados entre 1934 e 1977, abriu camiño ao realismo lírico. Cultivou tamén o teatro, e traballou no eido da pintura. Moitos dos seus poemas foron musicados por diversos compositores gregos. Destacan os seus poemarios Tractores (1934) e Procesión de funeral (1936).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Monemvasia, Peloponeso -
Deceso
Lugar : Atenas