ritual
ritual
(< lat rituāle)
-
adx
Relativo ou pertencente ao rito.
-
adx
Que é conforme ao costume ou ao uso.
-
s
m
[RELIX]
-
Conxunto de ritos e fórmulas que cómpre observar nun culto ou nunha celebración litúrxica.
-
Libro que contén as fórmulas e as rúbricas necesarias para a administración dos sacramentos, dos sacramentais e doutras cerimonias eclesiásticas. Coñecido como Manuale ou Liber Manualis, é orixinario do s XVI.
-
-
s
m
Conxunto de normas que regulan unha cerimonia non relixiosa.
Sinónimos: cerimonial. Confrontacións: protocolo.