Rivadulla Conde, Xosé Henrique

Rivadulla Conde, Xosé Henrique

Escritor e dramaturgo. Coñecido como Corcón, colaborou en xornais, como El Correo Gallego, Faro de Vigo e La Voz de Galicia; e emisoras radiofónicas, como Radiocadena Española, Radio 4 (RNE) e Radio Galega. Produtor de programas culturais da TVG (1987-1989), foi axudante de produción na longametraxe El bosque animado (1986) e director de produción nas curtametraxes Memorias dun parado (1991), Estela do Río (1991) e O caso das galiñas aforcadas (1991). Autor e actor da obra teatral Festa Rachada (1985), estreou e dirixiu as obras teatrais Furga garabela! (2001) e Salitre (2003); ademais foi guionista dos programas Nós, os consumidores (1992-1993), Galicia enteira (1994) e Galeguidade (1995-1996), e das series de televisión Mareas Vivas (2000) e Pratos Combinados (1996-1999), onde tamén participou como actor (2001-2003). No apartado literario publicou Igor de Albatros en Selene (1985), O bebé máxico (2000), Taberna á deriva (2002) e ...Do mar e a noite (2002). Presidiu a Asociación Galega de Guionistas (1999-2003).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : A Coruña