Rivelles Ladrón de Guevara, Amparo

Rivelles Ladrón de Guevara, Amparo

Actriz, filla dos actores Rafael Rivelles i Guillén e María Fernanda Ladrón de Guevara. Co nome artístico de Amparito Rivelles, realizou varios filmes, entre elas Sabela de Cambados (1949). En 1955 rodou Mister Arkadin, de Orson Welles. Destacan as súas interpretacións teatrais e en diversos filmes, como Eloísa está debajo de un almendro (1943), Los gozos y las sombras (1981), Soldados de plomo (1983), Hay que deshacer la casa (1986) e Mar de Luna (1995). Recibiu o Premio Goya á mellor actriz (1987) e o Premio Nacional de Teatro (1996).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : València