Rivera, José Eustasio
Rivera, José Eustasio
Escritor colombiano. Formou parte do parlamento colombiano e figurou nas delegacións que foron a México (1921), Perú (1924) e Cuba (1928). Iniciouse como poeta modernista de tendencia parnasiana, que reflectiu nos sonetos inseridos en Tierra de promisión (1921). Publicou unha única e importante novela, La Vorágine (1924). Xunto a Ricardo Güiraldes e Rómulo Gallegos foi un dos iniciadores da novela hispanoamericana.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Neiva del Huila -
Deceso
Lugar : Nova York