Rivera y Barrientos Acosta y Rodríguez, Diego
Pintor e muralista mexicano. Coñecido como Diego Rivera, residiu en Europa onde se interesou pola arte de vangarda. Identificado cos ideais revolucionarios da súa patria, volveu a México en 1922 onde, con D. A. Siqueiros, estudou a arte antiga dos maias e dos aztecas. A través dos frescos monumentais exaltou a súa historia mexicana desde os precolombinos ata a Revolución Mexicana cun realismo vigoroso e popular de cores vivas. Destacan os murais da Escuela Nacional Preparatoria (1922) e a Secretaria de Educación Pública (1923-1928 en México, da Escuela de Agricultura de Chapingo (1927), do Institute of Arts de Detroit (1932) e o do Rockefeller Center de Nova York (1933). Traballou tamén nos murais do Palacio de Bellas Artes e no Palacio Nacional de México. Cultivou tamén a pintura de cabalete. Casou con F. Khalo. Publicou con A. Breton Manifeste pour l’Art Révolutionnaire (1938).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Guanajuato -
Deceso
Lugar : Ciudad de México