ríxido -da

ríxido -da

(< lat rigĭdu)

  1. adx

    Que non se pode, ou é moi dificil de dobrar, torcer ou deformar.

    Ex: Está feito cun material ríxido.

  2. adx

    Que actúa de xeito inflexible e sen afastarse dos seus principios ou ideas.

    Ex: É moi ríxido coa educación dos fillos.

  3. adx

    Que non se adapta ben aos cambios ou ás circunstancias.

    Ex: Tiña un horario demasiado ríxido.

Palabras veciñas

Rivne | Rivularia | rixidez | ríxido -da | rixo | rixón | rixoso -sa