rixidez

rixidez

(< ríxido)

  1. s f

    Calidade de ríxido.

  2. s m [ECON]

    Condición de certas variables económicas, como a oferta, a demanda, os custos ou os salarios, que indica unha baixa elasticidade delas respecto doutra variable. A rixidez da oferta ou da demanda emprégase para indicar unha insensibilidade destas a unha variación dos prezos. A rixidez dos custos emprégase para indicar a inexistencia de economías de escala, é dicir, unha relación constante entre custos e produción.

  3. s f [FÍS]

    Capacidade que ten un sólido elástico, na teoría da elasticidade, de opoñerse a unha deformación. Cuantitativamente, para as deformacións de cizallamento ou torsión a rixidez é ponderada polo denominado módulo de rixidez, e para as deformacións de alongamento ou flexión polo módulo de Young.

  4. [TECNOL]
    1. s f

      Resistencia que opón un corpo ás forzas que tenden a deformalo, e que depende da súa elasticidade.

    2. módulo de rixidez

      Nome que reciben as constantes de Lamé.

  5. rixidez cadavérica [FISIOL]

    Rixidez que lle sobrevén ao cadáver pouco tempo despois da morte e que desaparece ao comezar o proceso de descomposición. OBS: Tamén se denomina rigor mortis.

  6. rixidez da caluga [PAT]

    Contractura dos músculos da caluga que impide a flexión da columna cervical. Pode ser indicio de meninxite.

  7. rixidez dieléctrica [FÍS]

    Propiedade dun dieléctrico de opoñerse á descarga eléctrica a través del. Exprésase mediante a intensidade do campo eléctrico que é capaz de producir a mencionada descarga eléctrica.

Palabras veciñas

Rivne | Rivne | Rivularia | rixidez | ríxido -da | rixo | rixón