rixidez
(< ríxido)
-
s
f
Calidade de ríxido.
-
s
m
[ECON]
Condición de certas variables económicas, como a oferta, a demanda, os custos ou os salarios, que indica unha baixa elasticidade delas respecto doutra variable. A rixidez da oferta ou da demanda emprégase para indicar unha insensibilidade destas a unha variación dos prezos. A rixidez dos custos emprégase para indicar a inexistencia de economías de escala, é dicir, unha relación constante entre custos e produción.
-
s
f
[FÍS]
Capacidade que ten un sólido elástico, na teoría da elasticidade, de opoñerse a unha deformación. Cuantitativamente, para as deformacións de cizallamento ou torsión a rixidez é ponderada polo denominado módulo de rixidez, e para as deformacións de alongamento ou flexión polo módulo de Young.
-
[TECNOL]
-
s
f
Resistencia que opón un corpo ás forzas que tenden a deformalo, e que depende da súa elasticidade.
-
módulo de rixidez
Nome que reciben as constantes de Lamé.
-
s
f
-
rixidez cadavérica
[FISIOL]
Rixidez que lle sobrevén ao cadáver pouco tempo despois da morte e que desaparece ao comezar o proceso de descomposición. OBS: Tamén se denomina rigor mortis.
-
rixidez da caluga
[PAT]
Contractura dos músculos da caluga que impide a flexión da columna cervical. Pode ser indicio de meninxite.
-
rixidez dieléctrica
[FÍS]
Propiedade dun dieléctrico de opoñerse á descarga eléctrica a través del. Exprésase mediante a intensidade do campo eléctrico que é capaz de producir a mencionada descarga eléctrica.