Roberti, Ercole de’
Roberti, Ercole de’
Pintor italiano. Formouse con Francesco del Cossa, a quen sucedeu na decoración do salone dei Mesi (Settembre, 1470) no Palazzo Schifanoia de Ferrara, e na realización do Polittico Griffoni. En Boloña fixo os retratos de Giovani II Ventivoglio e de Ginevra Bentivoglio e a táboa da Pietà para San Giovanni in Monte. O seu estilo, semellante ao de R. van der Weyden e ao de A. Mantegna, caracterizouse polo linealismo gótico tipicamente ferrarés e por un cromatismo entre flamengo e veneciano.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Ferrara -
Deceso