Robertia
Robertia
[PALEONT]
Xénero de réptiles, da suborde dos dicinodontes, herbívoros, co corpo de ata 45 cm de lonxitude, unha dentadura especializada e un peteiro afiado e córneo. Alimentábanse de talos, raíces e pólas. Viviron a finais do Permiano en República Sudafricana.