Roboam
Roboam
Primeiro rei de Xudá (931-914 a C), fillo e sucesor de Salomón. A súa actitude absolutista provocou a separación definitiva das dez tribos do Norte: as tribos de Xudá, Benxamín e Simeón formaron o Reino de Xudá, independente do de Israel.