Robusti, Jacopo

Robusti, Jacopo

Pintor. Coñecido como Il Tintoretto, formouse no círculo de artistas que introduciron en Venecia o manierismo de tendencia romana, toscana e emiliana. Pintou Ultima Cena (1547), Miracolo di schiavo (1548), Lavanda dei piedi (1550?), obras con abundancia de artificios compositivos e riqueza de escorzos e de perspectivas, onde fai un uso intenso da cor e dos contrastes de luz, como no Ritrovamento del corpo do san Marco (1562-1566). Autor de debuxos para mosaicos, obras murais e de cabalete, como o retrato de Jacopo Soranzo e Venere, Vulcano e Marte, traballou desde 1564 na decoración da Scuola di San Rocco e, despois de 1588, no fresco do Paradiso no Palacio Ducal de Venecia, onde manifestou un ton enérxico e de grandiosa monumentalidade que lembra a Miguel Anxo e ao derradeiro Tiziano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Venecia

  • Deceso