Roca i Junyent, Miquel

Roca i Junyent, Miquel

Político e xurista. Cofundador de Convergència Democràtica de Catalunya (CDC), da que foi secretario xeral ata 1996, foi deputado no Congreso (1977-1995) e portavoz parlamentario da ‘minoría catalana’ ata 1995. Fundou o Partido Reformista Democrático que non obtivo unha representación importante. Foi un dos relatores da Constitución de 1978 e participou tamén no Estatut d’Autonomia de Catalunya.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Cauderan, Francia