Rochelle, La

Rochelle, La

Capital do departamento de Charente-Maritime, situada en Poitou--Charentes, Francia (76.584 h [1999]). É un dos portos pesqueiros máis importantes da costa atlántica. Dominio inglés (1152-1226 e 1360-1372), foi recuperado polos franceses en 1372 coa colaboración da frota castelá do Rei Enrique II. Durante as Guerras de Relixión (1562-1598), soportou o asedio das tropas reais, que deu paso ao Tratado de La Rochelle (1573), polo que os hugonotes obtiveron a liberdade de culto en La Rochelle, Nimes e Montauban. Esta situación de privilexio rematou co triunfo do asedio que Richelieu exerceu sobre a cidade (1627-1628) e coa revogación do Edito de Nantes (1685).