Rochester

Rochester

Cidade situada no condado de Kent, Inglaterra, Reino Unido, á beira do río Medway e 45 km ao L de Londres (52.505 h [1981]). Constitúe a conurbación de Medway towns coas cidades de Chatham e Gillingham. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, que se comezou cara a 604, e se reestruturou en 1077.