Roda Pamias, Ignacio Ramón de

Roda Pamias, Ignacio Ramón de

Relixioso e político. Desenvolveu unha intensa actividade a prol do alistamento para loitar na Guerra da Independencia e foi membro da Xunta Suprema e Gobernativa do Reino de Galicia. Cóengo na catedral de Santiago de Compostela, representou a Galicia nas Cortes de Cádiz (1813-1814) e foi un dos firmantes do Manifiesto de los Persas. Foi bispo de León desde 1814 ata a súa morte.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Ontiñena, Huesca

  • Deceso

    Lugar : Rueda, Valladolid