Ródano

Ródano
Nome científico: [occ: Ròse; fr: Rhône]

Río de Europa Occidental, o máis longo de Francia. Nace ao pé do glaciar homónimo, a 1.750 m de altitude, nos Alpes suízos, e desemboca en delta, no Mediterráneo, entre Marsella e Sète. Ten un percorrido de 812 km e unha conca de 98 885 km2. Tras deixar os Alpes, atravesa as serras do Jura, en Lyon recolle as augas do Franco Condado e toma unha dirección meridiana, encaixándose entre os Alpes e o Macizo Central. Segue por Valais e pasa por Xenebra. Entra en Francia e en Génissiat move unha poderosa central eléctrica. Ata a confluencia co Ain mantén o réxime glacial de transición e en Lyon recibe o Saona. Desde este punto xa é o río máis poderoso de Francia. No seu traxecto meridiano recibe pola súa esquerda o Isère e Durance. Ao chegar ao comezo do delta, en Bellcaire, con 400 m de anchura, leva 1.710 m3/s moi equilibrados ao longo do ano, o que representa a integración dos réximes glaciaro, glaciaro de transición, nivo-glaciaro, pluvio-nival, pluvial oceánico e pluvial mediterráneo. No delta divídese en Pequeno Ródano, pola dereita, e o Gran Ródano, que leva o 85% da auga, pola esquerda.