Rodger, George

Rodger, George

Fotógrafo británico. Foi un dos fundadores da axencia Magnum (1947), xunto con Robert Capa, David Seymour e Henri Cartier-Bresson. Autodidacta na súa formación, comezou no Daily Telegraph (1935) para logo converterse en freelance (1939). A súa cobertura do bombardeo nazi en Blitz fixo que Life o contratara como correspondente (1940-1947). Cubriu conflitos bélicos en 61 países, desde as campañas de Rommel en Etiopia á liberación do campo de concentración de Bergen-Belsen, pasando polo desembarco de Normandie ou a entrada en París dos aliados. Entre 1950 e 1980 realizou diversas expedicións a África e organizou mostras dos seus traballos e de Magnum. Publicou Desert Jouney (1944), Village of the Noubas (1955), In Afrique (1984) e Humanity and Inhumanity (1994).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Hale, Cheshire

  • Deceso

    Lugar : Smarden, Kent