Rodman, Grupo

Rodman, Grupo

Grupo empresarial nacido en Vigo en 1974 co nome de Rodman Construciones Navales SA, que se dedica á construción de barcos de recreo e profesionais. O grupo está integrado por Rodman Polyships, SAU, Metalships & Docks, SAU, con sede en Vigo, e Conafi SA e Rodman Lusitania SA, con sede en Portugal. A súa actividade céntrase na construción naval en poliéster reforzado en fibra de vidro, que se realiza nas factorías de Meira (Moaña), Vila Real de Santo António (Portugal) e Valença do Miño (Portugal), e na construción e reparación de buques de aceiro, que se realiza nos estaleiros do grupo en Vigo.

Palabras veciñas

Rodís | Rodís, alto de | rodita | Rodman, Grupo | Rodnina, Irina Konstantinovna | 1 rodo | 2 rodo