Rodnina, Irina Konstantinovna

Rodnina, Irina Konstantinovna

Patinadora. Entre 1969 e 1980 ocupou o primeiro lugar da patinaxe sobre xeo mundial. Primeiro formou parella con Alexei Ulanov co que foi campioa de Europa e do mundo de parellas entre 1969 e 1972, ademais de gañar o título olímpico en Sapporo (1972), e despois con Alexander Zaicev co que obtivo os títulos continentais e mundiais entre 1973 e 1980, e os olímpicos de Innsbruck (1976) e Lake Placid (1980).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Moscova