Rodrigo de Padrón
Eclesiástico. Cóengo de Santiago de Compostela, estudou probablemente en París ou Boloña. Arcediago do Salnés, en 1307 foi elixido arcebispo de Santiago de Compostela. Restituíu á igrexa composelá o señorío da cidade de Santiago, a chancelaría do Reino de León e a capelanía da casa real. Participou co Rei Fernando IV na campaña de Algeciras e influíu notablemente na minoría de idade de Afonso XI. Instruíu no proceso contra os templarios e declarounos inocentes. Participou no concilio xeral de Vienne (1311-1312). Considerado un dos grandes reformadores, celebrou tres concilios provinciais en Salamanca (1310 e 1313) e Zamora (1312-1313) e tres sínodos diocesanos (1309, 1310 e 1313). Convocou diversas irmandades de bispos para defender a inmunidade eclesiástica e interveu na solución do problema económico da Universidad de Salamanca. Consérvase unha carta súa escrita en galego dirixida ao arcebispo de Toledo, Gutierre Gómez, sobre a conveniencia de preparar os asuntos a tratar na Cortes de Palencia de 1313.
Cronología
-
Deceso
Lugar : Salamanca