Rodríguez Arriola, Xosé
Músico e compositor. Coñecido como Pepito Arriola e dotado dun gran talento e precocidade, ofreceu concertos de piano con apenas catro anos en Ferrol, Madrid -invitado pola Raíña María Cristina ao palacio real-, e París. Alumno de Arthur Nickish, Recktengord e Jonas, finalizou os seus estudos musicais aos sete anos e consolidouse como concertista en Alemaña, onde actuou ante o Emperador Guillerme. En 1902 ofreceu un concerto en Xenebra que lle mereceu a felicitación do pianista Acheberg e do compositor Eckert. Despois dunha xira por toda Europa, marchou a EE UU para ofrecer diversos concertos, entre eles, no Metropolitan e no Carnegie Hall. Retirouse en 1930. Compuxo 43 obras entre pasodobres, sonatas, marchas e unha sinfonía. Recibiu a Gran Cruz de Alfonso XII (1912).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Betanzos -
Deceso
Lugar : Barcelona