Rodríguez Bouzas, María Xosé

Rodríguez Bouzas, María Xosé

Actriz. Formada na Escuela Superior de Arte Dramático de Madrid (1983-1987), desenvolveu o seu labor en diversas producións do Centro Dramático Galego, como O mozo que chegou de lonxe (1988), de J. M. Synge; A casa dos afogados (1991), de M. A. Fernán-Vello; e Un soño de verán (1992), de W. Shakespeare; e colaborou con Teatro de Aquí en Saxo Tenor (1994), de R. Vidal Bolaño. En 1992 fundou, xunto con María Pujalte, a Compañía de María, coa que elaborou varios espectáculos. Presentadora e actriz de programas e series da TVG, como Superamigos, A Familia Pita, Pratos combinados e Terra de Miranda, participou como actriz de reparto en Urxa (1989), Martes de Carnaval (1991), A metade da vida (1994), Arde amor (1998), Sei quen es (1999), El regalo de Silvia (2003) e Heroína (2005). Recibiu o Premio Tirso de Molina (1987) pola súa participación na obra El veneno del teatro.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : gardos