Rodríguez Sesmero, Domingo

Rodríguez Sesmero, Domingo

Arquitecto. Obtivo o título en 1833 pola Academia de Matemáticas y Nobles Artes de la Concepción de Valladolid. Ata 1869 foi arquitecto provincial de Valladolid. Instalouse en Vigo onde foi arquitecto municipal (1881-1886) e foi tamén arquitecto diocesano de Tui e Santiago de Compostela. Traballou co seu fillo Alejandro Rodríguez-Sesmero González (Valladolid ?-?), titulado como mestre de obras en 1871 e arquitecto municipal de Pontevedera e Vigo. Moitos dos seus proxectos están asinados polos dous ao non ter este último o título de arquitecto. Introduciron en Vigo o eclecticismo retórico. Das obras de Domingo destacan os edificios situados entre a rúa García Barbón 4 e República Arxentina, organizadas en planta baixa e andar, a casa de Marcelino Barreras (1882) e fóra de Vigo as casas do concello de Vilagarcía de Arousa (1886-1890) e Ponteareas (1894) e a fachada de San Marcos de Corcubión (1885). Das obras proxectadas por Alejandro destacan as casas Odriozola (1873), a de Ventura González (1881) e a de J. Donesteve Quirós (1876), o edificio da rúa Areal 8, 10, 12 e 14 (1879) e o teatro Rosalía de Castro (1882-1900). Asinaron xuntos os proxectos da casa do concello de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra.

Cronología

  • Deceso

    Lugar : A Coruña

  • Nacemento

    Lugar : Medina del Campo