Rof Codina, Xoán

Rof Codina, Xoán

Veterinario. Ingresou na Veterinaria militar e máis tarde no Corpo de Hixiene e Sanidade Pecuaria. Destacou polos seus estudos sobre o carbuncho e a ictericia hemolítica. En 1906 fundou a primeira clínica veterinaria en España e conseguiu a representación dos produtos do Institut Pasteur. Vinculado ao movemento agrarista, participou en Solidaridad Gallega e en diversas asembleas agrarias. Na Asemblea de Monforte de Lemos de 1907 avogou pola supresión de aranceis e foros que impedían o progreso do agro. Pensaba que o sector gandeiro era clave no desenvolvemento económico. En 1932 trasladouse a Madrid, onde se encargou da Inspección General Veterinaria. Expedientado ao rematar a Guerra Civil, en 1944 obrigárono a xubilarse. Creou entón a cátedra móbil de divulgación pecuaria de Galicia. Escribiu Cartilla contra el carbunco bactericida (1910), La raza bovina gallega (1916) e Plan de mejora del ganado porcino (1944). Presidente de honor da Sociedade Veterinaria de Zootecnia, membro honorífico do Consello Xeral de Veterinarios e membro da Real Academia de Medicina y Cirugía de La Coruña (1929), recibiu a medalla de ouro da Asociación Nacional Veterinaria.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : El Prat de Llobregat, Barcelona

  • Deceso

    Lugar : Lugo