Roger de Flor
Cabaleiro e aventureiro. Foi frade templario pero denunciárono por enriquecerse de forma ilícita, abandonou a orde, dedicouse á pirataría e púxose ao servizo de Federico II de Sicilia. O emperador de Constantinopla, Andrónico II Paleólogo, contratouno para arredar do imperio os turcos, aos que venceu en Artaki (Erdek) en 1303. Mentres, os soberanos de Occidente proxectaban valerse dos almogávares para os seus diversos intereses, e os gregos, influídos polos xenoveses que sospeitaban das intencións de Xaime II de Aragón e do rei de Sicilia por conquistar o imperio, opuxéronse aos cataláns. En 1305 presentáronse os alanos en Adrianápolis (Edirne), a onde acudira a despedirse de Miguel IX, e foi asasinado xunto aos cataláns que quedaban na cidade.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Brindisi -
Deceso
Lugar : Adrianópolis, actual Edirne