Roi Gomez de Briteiros

Roi Gomez de Briteiros

Trobador portugués, fillo de Gomes Mendes e neto de Mem Pires, primeiro señor de Briteiros. A súa familia era propietaria dun pequeno feudo entre Guimarães e Braga. Activo no segundo cuarto do s XIII, en 1226 era vasalo de Pedro Sanchez na corte leonesa de Afonso IX. O Rei Afonso III nomeouno mordomo-mor, aínda que probablemente morreu ao pouco tempo do nomeamento. Participou no Concilio de León e na sinatura da acta de París, en que o futuro Rei Afonso III de Portugal se comprometía a respectar os privilexios do clero portugués. Famoso por protagonizar o rapto (1227) de Elvira Anes de Maia, filla dos condes de Sousa, unha das familias máis poderosas de Portugal e coa que casou, Martin Soarez dedicoulle unha cantiga de escarnio en que sinalaba a mala defensa das mulleres de alta liñaxe. É autor de dúas cantigas de escarnio, unha delas mutilada, “Joham Fernandiz, aqui é chegado”, en que ataca a Johan Fernandez pola súa vida sexual.

Cronología

  • Nacemento

  • Deceso