Roldán
Roldán
[ONOM]
Antropónimo masculino que provén do xermánico Hrodland, formado por *hroth ‘sona, gloria, fama’ e land ‘país, terra’, e de aí ‘a gloria do país’, ou tamén pode ser esta última unha forma disimilada de nand ‘afouto, valente’, o que daría ‘o que ten sona de afouto’. Nas fontes latinas aparecen as formas Rodilandus, Rodelandus e a contracción Rolandus, base do francés Roland, o protagonista dos cantares épicos medievais. Presenta a variante Rolando.