Rolling Stones, The

Rolling Stones, The

Conxunto instrumentalista e vogal inglés de rock and roll, formado en 1962 por Mick Jagger (voz); Keith Richard (guitarra solista); Brian Jones, substituído en 1969 por Mick Taylor e en 1975 por Ron Wood (guitarra rítmica); Bill Wyman (guitarra baixa); e Charlie Watts (batería). Dentro dos conxuntos da época decantáronse por un estilo agresivo. O seu primeiro grande éxito mundial chegou coa canción Satisfaction (1965). A partir das décadas de 1970 e 1980 afirmáronse esteticamente dentro dun novo clasicismo formal. Contan cunha variadísima discografía, da que destacan Beggars Banquet (1968), Sticky Fingers (1971), Some Girl (1978) e Bridges to Babylon (1997).

Palabras veciñas

Rolle, teorema de | Rolli, Paolo | Rollinat, Maurice | Rolling Stones, The | Rolls, Charles Stewart | Rolls-Royce | 1 rolo