Roma, Club de

Roma, Club de

Organización non gobernamental internacional que agrupa a personalidades de sobresaínte habilidade intelectual e que contan cunha destacada reputación polo seu traballo profesional. Ten como obxectivo actuar como un catalizador mundial para conseguir cambios independentes de calquera interese político, económico ou comercial e que axuden a mellorar a calidade de vida da poboación, e tentan contribuír na obtención de solucións da problemática mundial. Realizan unha conferencia anual, que sempre se efectúa nun país diferente, ademais de reunións rexionais que abordan problemas e temas coxunturais. Entre os principais temas de traballo destacan o medio natural, a demografía, o desenvolvemento, o mundo económico e a orde financeira, as novas tecnoloxías, a educación e a nova sociedade global.

Palabras veciñas

Roma | Roma | Roma Cararach, Joan | Roma, Club de | Roma, Nani | Roma, Saqueo de | Roma, Tratado de