Romana, República
Romana, República
Réxime establecido en Roma desde o 9 de febreiro ata o 4 de xullo de 1849, a partir da revolución producida na cidade en novembro de 1848 e da fuxida subseguinte do Papa Pío IX. Foi gobernada por Giuseppe Mazzini, que axiña compartiu o poder con Saffi e Armellini, e confióuselle o exército a Giuseppe Garibaldi. Atacouna unha expedición militar enviada por Luís Napoleón de Francia e sucumbiu, despois de preto dun mes de asedio. Ao día seguinte, Pío IX entrou en Roma e restableceu o seu goberno.