Romay

Romay

Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de prata, un león rampante de goles, colgando das súas garras dianteiras unha folla de figueira en cada unha. Outro trae, en campo de prata, un león rampante de goles; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro. Outro, escudo mantelado: 1, de prata, cunha cruz flordelisada de goles; 2, de prata, cun león de goles; 3, de goles, cun M de prata surmontado de coroa de ouro; bordo de goles cargado de oito aspas de ouro.