Roo, San Xoán de

Roo, San Xoán de

Igrexa parroquial situada en Outes. Foi construída entre 1751 e 1756 en estilo barroco. Ten planta de cruz latina e cuberta a dúas augas. Os muros son de cantaría, decorados con placas, molduras e pináculos. A sancristía colocouse anexada ao testeiro. Destaca o frontón triangular da fachada e as dúas torres cupuladas dun só corpo.