rorcual
rorcual
(
s
m
[ANIMAL]
Mamífero cetáceo misticeto, da familia dos balenoptéridos que pertencen ao xénero Balaenoptera. Diferénciase externamente das baleas pola presenza dunha aleta dorsal e de sucos ventrais. Presenta unha distribución cosmopolita. As principais especies que se podes atopar son o rorcual azul (B. musculus), de ata 31 m de máximo e común nos oceános do S; o rorcual común (B. physalus), presente no estreito de Xibraltar, mide ata 22 m e aliméntase de peixes crustáceos e cefalópodos; o rorcual do norte (B. borealis), de ata 16 m, e o rorcual alibranco (B. acutorostrata) de tan só 9 m e que se alimenta de krill e peixes, entre outros.