Ros de Olano, Antonio
Ros de Olano, Antonio
Militar, político, vizconde de Ros, conde de Almina e marqués de Guad-el-Jelú. En 1838 foi deputado nas Cortes e mantívose independente entre moderados e progresistas, pero contribuíu á caída de Espartero (1843). En 1847 foi ministro de Fomento, Instrución e Obras Públicas. En 1849 foi senador. Participou no alzamento de Vicálvaro (1854) con O’Donell, que o nomeou director xeneral de infantaría. Membro da Unión Liberal, participou na Revolución de 1868. Afiliouse ao partido de Sagasta, ocupou diversos cargos baixo o reinado de Afonso XII e en 1877 converteuse en senador vitalicio.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Caracas -
Deceso
Lugar : Madrid