rosa
(< lat rosa)
-
s
f
-
Flor da roseira.
-
Calquera outra flor.
Sinónimos: caravel.
-
-
-
s
f
Nome de diferentes obxectos que teñen forma de rosa.
-
rosa de ouro
[RELIX]
Figura de rosa en ouro que o papa bendecía o cuarto domingo de coresma e enviaba como doazón a algún soberano ou a certos santuarios.
-
rosa do deserto
[MINERAL]
Agregado cristalino de xeso, no que as láminas de crecemento adoptan formas de rosa. É propio das zonas moi áridas.
-
s
f
-
s
f
Mancha arredondada e de cor avermellada que sae na pel.
-
s
f
Diamante tallado plano por baixo e con caras por riba. OBS: Tamén se denomina diamante rosa.
-
adx
Que é dunha cor que resulta de mesturar o vermello e o branco.
-
s
m
Cor vermella pálida.
-
rosa de Xericó
[PLANTA]
Planta herbácea anual, pilosa, de 10 a 20 cm de alto, follas ovais e dentadas, de flores brancas, pregadas en acios pequenos, e froitos en silícula. É propia do Sahara. Tamén é cultivada en xardíns. Ábrese especialmente en roseta cando se coloca en auga.
-
-
rosa dos ventos /
[CLIMAT/METEOR]
Diagrama utilizado en meteoroloxía e climatoloxía para resumir as observacións dos ventos, recollidas durante un período de tempo longo. Xeralmente as observacións do vento corresponden a oito direccións principais (N, NL, L, SL, S, SO, O, NO), indicadas por liñas que saen radialmente dun punto central.
-
rosa dos ventos/náutica
[MAR]
Círculo dividido en trinta e dúas partes iguais, chamadas cuartos, rumbos ou ventos, que indican os catro puntos cardinais e vinte e oito intermedios, é dicir, os trinta e dous rumbos do horizonte, sobre os que se efectúan as indicacións das agullas náuticas.
-
rosa dos ventos /
[CLIMAT/METEOR]
Frases feitas
-
Coma unha rosa. Con moi bo aspecto.