Rosalinda

Rosalinda

Publicación editada en Santiago de Compostela a partir de 1980. Posiblemente sacou tres números, sen periodicidade fixa. De tendencia anarquista, definiuse como rebelde, crítica e atea, atacando con dureza a distintas institucións e persoas. De carácter cultural e informativo, empregou a ironía e o sarcasmo tanto nos artigos coma nas ilustracións. Incluíu textos sobre ecoloxía, antimilitarismo e crítica social.