roseta

roseta

(

  1. s f

    Obxecto ou motivo ornamental que imita ou recorda perfectamente á rosa.

  2. s f [ARQUIT]
    1. Motivo ornamental en forma de rosa aberta, formado por un botón con follas e pétalos ao arredor. Emprégase principalmente na decoración de bóvedas, cornixas, casetóns e cúpulas.

    2. Rosetón pequeno.

  3. s f

    Alfaia adornada cunha pedra preciosa rodeada doutras máis pequenas.

  4. s f [INDUM]

    Galón formado por un fío de ouro ou de prata enrolado arredor dun núcleo de seda ou algodón.

  5. s f [MÚS]

    Perforación circular ornamentada, en forma de rosa, que se tallaba no centro da tapa harmónica do clavecín, do laúde, da guitarra e doutros instrumentos.

  6. s f [BOT]

    Disposición das follas dunha planta, cando se atopan moi xuntas e de forma parecida á dunha rosa.

Palabras veciñas

róseo -a | roséola | Roses | roseta | rosetón | Rosetta | Rosetta, pedra de