Rosetta, pedra de

Rosetta, pedra de

Fragmento dunha pedra de basalto descuberto en Rosetta (Exipto) en 1799 polo oficial francés André Joseph Boussard. Datada en 196 a C, ten tres inscricións, unha en caracteres xeroglíficos, outra en demóticos e a terceira escrita en grego. Relata un decreto emitido polo sínodo de sacerdotes exipcios reunidos en Menfis para celebrar o primeiro aniversario do coroamento de Ptolomeo V. É un dos documentos empregados por Jean-François Champollion para descifrar a escritura xeroglífica. En 1801 foi entregada aos británicos. Consérvase no British Museum.

Palabras veciñas

roseta | rosetón | Rosetta | Rosetta, pedra de | Rosetti, Alexandru | Rosi, Francesco | rósido -da