Rostock

Rostock

Cidade do land de Mecklenburg-Pomerania Occidental, Alemaña (203.279 h [2000]). Está situada á esquerda do río Warnow e é unha cidade eminentemente comercial e unha das principais da Liga Hanseática. A súa importancia declinou ao comezar a decadencia da Hansa. Importante porto pesqueiro, é un dos principais centros de construción naval de Alemaña. Despois da Segunda Guerra Mundial converteuse en capital do bezirk homónimo, status que perdeu en 1990 ao producirse a reunificación alemá.