Rostov do Don
Rostov do Don
Nome científico: [ruso: Rostov na Donu]
Capital da oblast’ de Rostov, Rusia (1.023.000 h [estim 1997]). É un porto fluvial na ribeira dereita do Don, a uns 40 km da desembocadura. É o principal centro do Caúcaso Setentrional de construcións mecánicas, sobre todo de maquinaria agrícola. Fundada en 1761, a raíz da presa de Asov, foi constituída como cidade en 1796.