Rostropovič, Mstislav
Violoncellista e director de orquestra acerbaixano. Formouse en Moscova, Sostakovic, Gliere e Britten. Director de orquestra desde 1968, dirixiu a Orquestra Sinfónica Nacional de Washington (1977-1994). Estreou a Sinfonía Concertante en mi menor, opus 125 (1952), de Sergej Prokof’ev, a Cello Simphony (1963) e a Sonata para violocello e piano (1961), de Benjamin Britten. En 1990 foille restablecida a cidadanía soviética, perdida en 1978 por negarse catro anos antes a actuar no seu país ata que existise liberdade artística. Deu numerosos concertos benéficos, dos que destacan os celebrados pola paz en Berlín (1989), tras a caída do muro, e ese mesmo ano en Rusia. Recibiu o Premio Lenin (1963) e o Premio Príncipe de Asturias da Concordia (1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Bakú