Rothschild

Rothschild

Familia de banqueiros e financeiros xudeus, orixinaria de Frankfurt, que constituíu unha gran potencia económica durante o s XIX. O fundador foi o cambista Mayer Amschel Rothschild (Frankfurt 1743-1812), banqueiro de Guillerme I de Hessen, que financiou o equipamento do seu exército na guerra contra Napoleón. Controlaron unha boa parte dos ferrocarrís europeos e mesmo estadounidenses, así como moitas empresas de diferentes sectores. A finais do s XIX comezou o seu descenso económico.